Monday 06 de May de 2024

A casa da cultura de Camporrapado acollerá o próximo 28 de abril a posta en escea dunha obra en homenaxe a María Victoria Moreno


Matrioshka Teatro presentará a peza ‘Señora que pasea polas rúas con dous cans preciosos’

O Concello de Boqueixón iniciará o seu programa especial de actividades co gaio do Día das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno, cunha obra de teatro. A cita, que se desenvolve dentro do plan de dinamización lingüística falaRedes da Xunta de Galicia, terá lugar o próximo sábado 28 de abril, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado.

Matrioshka Teatro porá en escea a obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos (Homenaxe a María Victoria Moreno). O espectáculo é un percorrido pola vida e obra da escritora a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O título da obra baséase na frase coa que a propia María Victoria Moreno se definía a si mesma “unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”.

A obra de teatro está dirixida ao público adulto. A entrada é de balde ata completar aforo. Dende o Concello animan a toda a veciñanza a acudir a esta actuación de Matrioshka Teatro, xa que ofrecerá unha perspectiva diferente sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.